22 decembro , 2018
Hoxe fomos á FESTA APEGO en Santiago de Compostela, de estrea, cunha nova aventura, “Nano vai á escola”. Aprender na nosa lingua xogando e facer moreas de amigas e amigos tamén é unha festa!!! Grazas Apego por contar comigo! No encerado da clase da Quela deixaron os seus nomes escritos con xiz. Apuntadas quedades para próximas aventuras.



29 xuño , 2018
A Raposa tivo que marchar da Praza de Lenda de Redondela pola repentina choiva que caiu, e nos fumos ao Auditorio Municipal. Así de ben o pasamos nesta función realizada grazas o programa Apego:




23 marzo , 2018
Nano montou o seu circo no Centro Cívico Social de San Xiao, en Narón. Estas dúas funcións de Nano monta un circo foron posibles grazas ó programa Apego.



1 febreiro
, 2018
Nano viaxou ata a Ludoteca Municipal de Carballo grazas o programa Apego. Moi ben o pasamos coas aventuras de Nano, quen voltará a Carballo en febreiro e mais en marzo. Estade atentos á miña axenda!

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actividade na súa edición de Bergantiños do día 1 de febreiro:

