Cinema de Historias da man de Alice Guy en Carballo

Non podemos cambiar o exilio histórico ao que foi condenada durante décadas, por ser muller, pero si podemos facer xustiza con ela a partir de agora. É tan sinxelo como contar a súa historia. Porque ademais é unha fantástica historia: todo empezou cun soño, un xefe que a subestimaba e uns repolos máxicos. Quen non querería coñecer a vida de Alice Guy? A nai do cinema.

As familias de Carballo achegáronse onte pola tarde ata as Escolas do Xardín Agra de Caldas para descubrila.

O rematar recomendei, como fago sempre, libros para seguir investigando sobre ela, como “Unha veciña de película” da gran Iria Misa. Por último, tivemos unha riquísima merenda.Grazas por vir!! E grazas a Carmen, a Cristina e a Maica Ures (Concelleira de Igualdade) por contar comigo.

 

 

 

 

Cinema de Historias da man de Alice Guy en Rianxo

Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres. Grazas mestras e rapazada  do CEIP Ana María Diéguez pola vosa atención e agarimo. Agora xa sabedes o marabillosa e valente que foi a gran Alice Guy, e non o tivo nada fácil.

Grazas de novo ao CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo) por facer posible esta función no Auditorio de Rianxo, e grazas tamén polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Hoxe 25N trasladámonos ao auditorio para gozar do espectáculo de Raquel Quizás: Cinema de historias. Unha proposta fascinante que nos levou a descubrir a vida de Alice Guy, unha das grandes pioneiras do cinema mundial, creadora valente e imaxinativa… e tamén unha muller silenciada durante décadas pola historia oficial.Neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero, lembramos a importancia de dar voz ás mulleres borradas, ás que abriron camiño e ás que aínda loitan por ocupar o lugar que lles corresponde.

 

 

 

 

 

 

 

 

Cinema de Historias da man de Alice Guy no CEIP Campomaior de Ordes

Xornada de Cinema de Historias  no CEIP Campomaior de Ordes! Que mañá máis especial e enriquecedora vivimos en Ordes! Moitísimas grazas ao CEIP Campomaior pola fantástica acollida á miña actuación sobre Alice Guy, a auténtica pioneira do cinema de historias.Foi unha alegría inmensa compartir a figura de Alice e a súa crucial contribución coa rapazada e o profesorado.

A vosa curiosidade e entusiasmo son a mellor recompensa!Un agradecemento especial tamén polos agasallos tan agarimosos que me fixestes.Levádesvos un anaco do meu corazón! Agardo que tamén vos gusten os libros recomendados, entre eles “Unha veciña de película” da gran Iria Misa.

Esta actividade foi posible grazas ao apoio da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). É fundamental seguir visibilizando e coñecendo a estas novas referentes de mulleres que cambiaron a historia.Seguimos espallando a cultura e a igualdade!

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en Mondariz

Cantas amigas do Concello de Mondariz marcharon do Auditorio con ganas de ver máis películas desta xenia, pioneira do cinema. Agora xa coñecen á gran Alice Guy, a nai do cinema. Grazas por vir, grazas por contar comigo!!

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no Festival de Cans

Felices de participar un ano máis no Festival de cine máis xenuíno, guau! O Festival de Cans.

No Cuberto de Pato viaxamos no tempo para coñecer a historia da gran pioneira do cinema Alice Guy e ver algunha das súas películas modernas e polémicas aínda hoxe, reivindicando a liberdade de expresión e denunciando conductas machistas de 1906.

Grazas, Pato, Jaqueline, equipa do festival por estar pendentes de todo. Grazas, familias pola vosa atención, risas e aplausos.

 

 

 

X