Estrea de Gretel e Bela no Auditorio de Ourense

Moi contentas quedamos hoxe despois da estrea de Gretel e Bela de Teatro da Semente no Auditorio Municipal de Ourense. Mil grazas ao público, aos fantásticos técnicos do Auditorio e a Urdime por confiar sempre en nós. E a todas esas outras sementiñas e sementiños que fixeron posible esta montaxe grazas ao seu vestiario, atrezzo, máscaras, monicreques, música, luces e son.

Estamos contentas tamén porque Gretel e Bela foi unha das dezasete obras seleccionadas para participar en Galicia Escena PRO, a feria galega das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Sorrisos e máis teatro!

Aquí os deixo unhas fotos da estrea, realizadas por Adrián González Méndez

Elenco: Raquel Queizás (Gretel, Cego, Pita) e Chus Álvarez (Bela, Moucho). Vestiario: Atelier Efímero. Deseño de iluminación: Daniel Piñeiro. Espazo escénico / Máscaras e monicreques:  Kukas Produccións Artísticas S.L.  Espazo sonoro: Composición musical e aranxos: David Díez e Simón Iglesias. Músicos: David Díez, Juan Romero e Bonham .Efectos sonoros: freesound.org. Voces en Off: Aldara Piñeiro (boneca), alumnas do Estudio de Teatro Casahamlet (nenas liberadas), Bonham (semáforo). Gravación musical: Estudios Bonham. Fotografías: Fran Moledo e  Adrián González Méndez. Vídeo: Tingalaranga. Dirección: Raquel Queizás e Chus Álvarez. Texto: baseado no orixinal de Manuel Lourenzo Gretel e Bela   .Distribución: URDIMEAgradecementos: ao Estudio de Teatro Casahamlet, en especial a Santiago Fernández.

Chíos na Feria de Teatro de Castela e León

Chíos na Feria de Teatro de Castela e León


Recopilamos as experiencias e as críticas da estrea de Chíos en castelán, na Feria de Teatro de Castela e León, (Ciudad Rodrigo) no blog de Teatro da Semente.

Podedes ver tamén a preciosa reportaxe que nos fixo a Televisión de Castela e León:

 E unha selección de fotografías:

(Fotografías de Jose Vicente)

Grazas a todos que confiaron en nós, á organización da Feira  e a Urdime por todo o seu apoio.

Entrevista no programa ZigZag Diario (TVG)

Entrevista no programa ZigZag Diario (TVG)

O programa cultural ZigZag Diario, da Televisión de Galicia adicou uns minutos ao traballo que veño realizando. Nunha conversa con Pilar García Rego, falamos do teatro para bebés, das montaxes de Teatro da Semente, e da inminente estrea de Gatuxo.
Conversar con Pilar García foi unha ledicia!

Próxima estrea de CHÍOS de Teatro da Semente

Xa falta nada para a estrea da nova montaxe de Teatro da Semente: CHÍOS, poesia sensorial para bebés.

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.

Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.

O próximo domingo, 27 de outubro, na sala Latuerka27 de A Coruña, o primeiro pase ás doce da mañán e o segundo a unha. Alí os agarda Teatro da Semente (Chús Alvárez e eu mesma, Raquel Queizás)

X