“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”
Emily Dickinson
Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.
Mudemos o conto!
Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques
Dirección e interpretación: Raquel Queizás.
Artefacto escénico: Titereluis
Monicreques: Titereluis
Fotografías: Alba Sotelo Leal
Deseño cartaz e web: Daniel Piñeiro
Duración do espectáculo: 50m
Montaxe/desmontaxe: 60m/30m
Público: Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar.