27 abril , 2013
Teatro da Semente foi invitada a representar a obra de teatro para bebés Viaxe a Dadá, dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, Contos en Cueiros que organiza a moi activa Asociación Espazo Lectura de Gondomar.
A representación tivo lugar o sábado 27 ás 17:30 horas no Salón de Plenos, na Biblioteca de Gondomar, que se encheu de bebés coas súas familias.


24 outubro , 2012
O pasado domingo 21 de outubro, estreamos por fin a primeira montaxe da nosa nova compañía, Teatro da Semente. Tivemos dous pases, pola mañán na sala LaTuerka27. Tivo moi boa acollida por parte do público; nais, pais e os seus bebés. Dende o primeiro minuto se creou un momento máxico compartido.

Nesta sala, LaTuerka27, era a primeira vez que programaban “Teatro para Bebés”. Non só apoiaron o proxecto dende o comezo, senón que sempre estiveron colaborando con nós en todo. Grazas, Iria Ares, Milo Taboada, Daniel Currás polo voso tempo e cariño.

Grazas tamén a CasaHamlet por deixarnos ensaiar no seu local, a José Losada e Fran Moledo polas fotos, en fin a tanta xente que creu en nós. A Daniel Piñeiro polo amor e a paciencia e a miña pequena Aldara por ser a nosa inspiración.
Este soño non sería posible sen Chus Álvarez unha gran profesional e amiga.
Na Voz de Galicia nos fixeron esta reseña que capta perfectamente a esencia do espectáculo.

Tamén o blog de Latuerka27, falou do noso estreno.
Esta montaxe está pensada para espacios acolledores con capacidade de 40 ou como moito 50 persoas; para ESCOLAS INFANTÍS, Centros Sociais e Salas de Teatro.
14 outubro , 2012
Xa falta pouco para a estrea de Viaxe a Dadá, o novo proxecto de Teatro da Semente, dirixido a bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes. É sementar para recoller, sementar para que nazcan flores, sementar para (re)coñecer a Vida e descubrir o Mundo. Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas.
A estrea será o vindeiro sábado día 22 de outubro, as 10 e as 12 da mañán na sala Latuerka27 de A Coruña.
Teatro da Semente está formado por Chus Álvarez e por min mesma!
