Dulcinea nas Ferias Do Libro de Vigo, Foz e Monforte
Seica fuxiu, de novo, Dulcinea do libro. Este verán foi vista polas Feiras do Libro de Vigo, de Foz e de Monforte. Que mellor maneira de pasar as súas vacacións … Entre amigos e entre libros.
Seica fuxiu, de novo, Dulcinea do libro. Este verán foi vista polas Feiras do Libro de Vigo, de Foz e de Monforte. Que mellor maneira de pasar as súas vacacións … Entre amigos e entre libros.
Este venres 15 de abril armouna de novo Dulcinea, na Biblioteca Nodal de Pontevedra! , celebrando o Día do Libro. Quen le moito e anda moito ,ve moito e sabe moito. Miguel de Cervantes.
Para celebrar o mes do libro, este ano entre moitas contadas en colexios e bibliotecas, quero destacar o ben que o pasei co meu espectáculo de narración oral Dulcinea ten moito que contar na excursión cos adolescentes á Mancha
Dulcinea foi convidada polo Clube de Lectura, do Departamento de Lengua e Literatura do IES Universidade Laboral de Ourense e o CPI O Cruce de Cerceda a unha viaxe literaria.
Visitamos a Casa de Cervantes en Alcalá de Henares, o meu namorado agardábame na porta, actuei no Corral de Comedias para mozas e mozos namorad@s e pola noite xa nos perdemos polas covas misteriosas de Toledo. E o día seguinte…
“Donde se cuenta como prosiguen las aventuras de Dulcinea, mitad dama, mitad pailana”.
No segundo día visitamos o muiño “Rucio” en Consuegra, fomos ver a Cova de Medrano, onde se cre que Cervantes cautivo comezou a escribir o libro, xantamos na Venta del Quijote e corremos polas rúas do Toboso e tomamos a praza.
Dulcinea, esgotada, dorme entre páxinas, dame a min no naris que pronto vai volver sair…
Xa rematou o roteiro literario cos institutos, foi unha fermosa aventura.
Empregamos o día 16 de setembro para viaxar en avión dende Lima a Cusco. A viaxe dura un pouco máis que unha hora, e o aterrar coñecemos o soroche (mal de altura), xa que Cusco atópase a case que 3.500 metros sobre o nivel do mar. Tivemos todo o día para descansar e aclimatarnos o que foi moi axeitado xa que o día seguinte a axenda estaba completa.
Comencei pola mañá contando no Colexio Técnico Mixto Luís Vallejos Santoni:
E proseguín no Colexio La Salle, nesta ocasión para os alumnos máis pequenos. Unha das nenas ao ver a miña bonequiña de millo exclamou: Un choclo vivo!!! Así lle chaman o millo, nunca tal viu! que risas pasamos.
Pola tarde, a esperada función para adultos no Auditorio do Instituto Cultural Peruano Norteamericano del Cusco (ICPNAC), onde despois do impresionante espectáculo Selenque de Mijail Echarri, narrei Palabras en la Boca.
A mañá seguinte tivemos o inmenso pracer de almorzar cedo no mercado de San Pedro de Cusco, na compaña de Miguel “El Chato” Álvarez y El Wayqui, quen nos deron unha clase maxistral sobre os produtos que se atopaban no mercado.
Despois de coller forzas en varios postos do mercado, viaxamos en compaña de Gonzalo Paiva a vila de Urubamba, no Val Sagrado dos Incas. Por vez primeira subín a un mototaxi, un vehículo ben curioso:
Érika agardábanos nas instalacións da Asociación Cultural El Arte Sano, onde impartín un taller de narración oral eminentemente práctico para docentes de educación inicial:
E despois de escoitar os contos de Gonzalo Paiva, o caer a noite, no patio dunha casa colonial de más de 400 anos de antigüidade , Dulcinea sentiuse coma se estivese no Toboso, e coa participación do público contou a “verdadeira” historia de Don Quixote:
O día seguinte, Mariquiña insistiu en coñecer o Machu Picchu, e eu non puiden negarme, sabendo que de alí veñen os seus devanceiros:
Regresamos a Cusco o 21 de setembro, con tempo xusto para durmir un pouco e coller de novo un avión que nos levaría de volta a Lima, non sen antes despedirme de Luz Maribel, que tan ben nos coidou durante a nosa estancia en Cusco.
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)
Continuo a relatar as miñas andainas durante o Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!”. Tralo intenso primeiro día en Lima, comencei a segunda xornada con unha entrevista no Canal 7 da televisión peruana no programa TV Perú Noticias. En realidade quen foi á entrevista non fun eu senón que foi Dulcinea, acompañada de Cesar Wayqui Villegas, o coordinador do Festival.
Alí falamos do Festival e promocionamos a representación do espectáculo de narración oral “Lo que Dulcinea tiene que contarte” que esa misma tarde tería lugar no Museo de Arte de Lima (MALI):
Pola noite, en compañia dunha das voces novas do Festival, Alfonso “Fonchy” Mendoza, collemos o autobús nocturno que nos levaría tras once horas de serpear pola estreita estrada que une Lima con Oxapampa, no departamento de Pasco.
Alí agardaba por nós un todoterreno do serenazgo (policía municipal) que nos trasladou ata a Comunidade Nativa Yanesha de Tsachopén.
Aquí encontrámonos con Edwin Eduardo Ortiz Espíritu, un fascinante narrador Yanesha que foi ademáis o noso excelente anfitrión durante a nosa estadía.
Esta mesma tarde Fonchy mais eu actuamos na Casa Comunal da Comunidade. xunto a Edu Ortiz, que nesta ocasión non narrou, seno que actuou co seu elenco de danza tradicional Yanesha.
Edu Ortiz (primeiro pola esquerda) e o elenco de danza tradicional Yanesha:
O dia seguinte, luns 14 de setembro agardábanos un intenso percorrido por outras poboacións da rexión. Pola mañá narramos no salón de actos do Distrito de Chontabamba:
Despois de almorzar, dirixímonos de novo a Oxapampa, onde nos agardaban no Salón de Actos da Municipalidade.
Representantes da municipalidade entrégannos un obsequio trala representación:
E despois de cenar, tomamos de novo o autobús nocturno que nos levaría de regreso a Lima.
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)
A Asociación Cultural Wasi, organiza dende o 2011 o Festival Internacional de Narración Oral do Perú: TODAS AS PALABRAS, TODAS!. É un proxecto sociocultural que congrega a narradores de varias partes do mundo xunto a representantes peruanos (profesionais e novas voces). De este xeito buscase promover a identidade cultural, a diversidade, a integración, a valorización e o coidado da memoria dos pobos, o respecto ás diferencias, a promoción da lectura e o desenrolo económico sostible.
As actividades promovidas polo Festival nesta V edición tiveron lugar de xeito simultánea en nove rexións do Perú: Lima, Loreto, Amazonas, La Libertad, Cusco, Arequipa, Ayacucho, Áncash, e Pasco, dende o 28 de agosto ata o 22 de setembro.
Partín do aeroporto de Santiago de Compostela rumbo a Lima o xoves 10 de setembro, con mi cestiño coma equipaxe de man e nada mais nin nada menos que declarar na aduana que estaba cheo de contos e historias. Un traxecto de 11 horas que grazas á maxia dos usos horarios, apenas durou 3 horas no tempo oficial 🙂
O vernes 11 de setembro comecei a xira no emblemático Vichama Teatro, en Villa El Salvador. Esa mañá Dulcinea contoulles o que les tiña que contar ós rapaces que enchían o teatro.
Despois de almorzar regresamos ao metro de Lima, onde ten lugar outra interesante iniciativa: as historias pasaxeiras Na liña 1 do Metro, dende a estación La Cultura ata Villa el Salvador, en compañía dos contadores Bolo Bautista, Silencio El Viajero e Gonzalo Paiva narramos contos para os viaxeiros. Esta actividade vense realizando dende o ano 2012.
Uns intres de descanso na estación antes de comezar un novo traxecto:
Despois de facer en dúas ocasións o traxecto “La cultura – Villa el Salvador” regresamos ao Teatro Vichama para una función colectiva na que participaría cos narradores Bolo Bautista, Miguel “El Chato” Álvarez, Walner “El Duende” Jaramillo e Silencio El Viajero.
De esquerda a dereita; Miguel “El Chato” Álvarez, Cosset González, César “Wayqui” Villegas, eu misma (Raquel Queizás), Daniel Piñeiro, Bolo Bautista, Gonzalo Paiva Villafuerte, Walner “El Duende” Jaramillo e sentados Bolo Bautista e Silencio El Viajero:
E así foi o meu intenso primeiro día en Perú, en Lima e no Festival Todas as Palabras Todas!
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)