Dulcinea na Mancha

2 abril, 2016

Para celebrar o mes do libro, este ano entre moitas contadas en colexios e bibliotecas, quero destacar o ben que o pasei co meu espectáculo de narración oral Dulcinea ten moito que contar na excursión cos adolescentes á Mancha

Dulcinea foi convidada polo Clube de Lectura, do Departamento de Lengua e Literatura do IES Universidade Laboral de Ourense e o CPI O Cruce de Cerceda a unha viaxe literaria.

Visitamos a Casa de Cervantes en Alcalá de Henares, o meu namorado agardábame na porta, actuei  no Corral de Comedias para mozas e mozos namorad@s e pola noite xa nos perdemos polas covas misteriosas de Toledo. E o día seguinte…

“Donde se cuenta como prosiguen las aventuras de Dulcinea, mitad dama, mitad pailana”.
No segundo día visitamos o muiño “Rucio” en Consuegra, fomos ver a Cova de Medrano, onde se cre que Cervantes cautivo comezou a escribir o libro, xantamos na Venta del Quijote e corremos polas rúas do Toboso e tomamos a praza.
Dulcinea, esgotada, dorme entre páxinas, dame a min no naris que pronto vai volver  sair…

Xa rematou o roteiro literario cos institutos, foi unha fermosa aventura.

X