Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (1/5)

3 outubro, 2015

Asociación Cultural Wasi, organiza dende o 2011 o Festival Internacional de Narración Oral do Perú: TODAS AS PALABRAS, TODAS!. É un proxecto sociocultural que congrega a narradores de varias partes do mundo xunto a representantes peruanos (profesionais e novas voces). De este xeito buscase promover a identidade cultural, a diversidade, a integración, a valorización e o coidado da memoria dos pobos, o respecto ás diferencias, a promoción da lectura e o desenrolo económico sostible.

As actividades promovidas polo Festival nesta V edición tiveron lugar de xeito  simultánea en nove  rexións do Perú: Lima, Loreto, Amazonas, La Libertad, Cusco, Arequipa, Ayacucho, Áncash,  e Pasco, dende o 28 de agosto ata o 22 de setembro.

 

Partín do aeroporto de Santiago de Compostela rumbo a Lima o xoves 10 de setembro, con mi cestiño coma equipaxe de man e nada mais nin nada menos que declarar na aduana que estaba cheo de contos e historias. Un traxecto de 11 horas que grazas á maxia dos usos horarios, apenas durou 3 horas no tempo oficial 🙂

O vernes 11 de setembro comecei a xira no emblemático Vichama Teatro, en Villa El Salvador. Esa mañá Dulcinea contoulles o que les tiña que contar ós rapaces que enchían o teatro.

Despois de almorzar regresamos ao metro de Lima, onde ten lugar outra interesante iniciativa: as historias pasaxeiras Na liña 1 do Metro, dende a estación La Cultura ata Villa el Salvador, en compañía dos contadores Bolo Bautista, Silencio El Viajero e Gonzalo Paiva narramos contos para os viaxeiros. Esta actividade vense realizando dende o ano 2012.

Uns intres de descanso na estación antes de comezar un novo traxecto:

Despois de facer en dúas ocasións o traxecto “La cultura – Villa el Salvador” regresamos ao Teatro Vichama para una función colectiva na que participaría cos narradores Bolo Bautista, Miguel “El Chato” Álvarez,  Walner “El Duende” Jaramillo e Silencio El Viajero.

De esquerda a dereita; Miguel “El Chato” Álvarez, Cosset González, César “Wayqui” Villegas, eu misma (Raquel Queizás), Daniel Piñeiro, Bolo Bautista, Gonzalo Paiva Villafuerte, Walner “El Duende” Jaramillo e sentados Bolo Bautista e Silencio El Viajero:

E así foi o meu intenso primeiro día en Perú, en Lima e no  Festival Todas as Palabras Todas!

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

X