Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (5/5)

14 outubro, 2015

Remato con esta entrada o breve relatorio das intensas dúas semanas de viaxes e actuacións no Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!”. Voltamos a Lima dende Cusco o 22 de setembro, de mañanciña, para actuar no Colexio Claretiano de San Miguel, en Lima:

E pola noite, a  esperada gala  final do Festival Internacional de Narración Oral del Perú, Todas Las Palabras Todas!. Unha preciosa función colectiva no Centro Cultural Ricardo Palma de Miraflores (Lima). Foi unha ledicia e unha honra estar rodeada de tan grandes narradores.

De esquerda a dereita os participantes na gala: Silencio el Viajero (Lima, Perú), Walner “El Duende” Jaramillo (Cali, Colombia), Miguel “El Chato” Álvarez (Ayacucho, Perú), Eu mesma (Galicia),  Nino Mirones (Huancayo, Perú), Eduardo Ortiz (Nación Yánesha, Perú), e Cosset González (Lima, Perú) como nova voz.

E como epílogo o Festival, quedaba unha das actuacións máis emotivas de estas dúas semanas . Edu Ortiz e mais eu, acudimos as instalacións do colexio “Vencedores de Pachacútec”, onde contamos para os alumnos do Programa de Alfabetización e Educación Básica de Adultos. Podedes obter máis información sobre a actuación no blog do colexio, La voz del piloto.

O rematar a función, compartimos a cena cos docentes do centro “Vencedores de Pachacútec”, e dos centros “José Olaya”, “Andrés Rázuri”, “Divino Cristo de las Alturas” e “CETPRO Márquez”, todos tamén participantes no PAEBA (Programa de Alfabetización e Educación Básica de Adultos):

Aquí tivemos a sorte de coñecer a docente Gloria Pizarro Dioses, orixinaria da rexión de Tumbes, no norte do Perú e que practica a declamación, unha antiga arte escénica que xa temos case que esquecida por aquí. Neste fragmento gravado esa noite podémola escoitar  declamando a  poesia Soy una negra sabrosa, do poeta peruano Nicomedes Santa Cruz.

É impresionante:

 

E con este broche remata a miña participación no Festival Todas las Palabras, Todas!

Foi unha experiencia inesquencible e enriquecedora, que non sería posible sen o apoio e o traballo de tódalas persoas e institucións que fixeron posible o festival.

Moitas grazas e parabéns por tan bo traballo a  todas e a todos!

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

X