Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (2/5)

5 outubro, 2015

Continuo a relatar as miñas andainas durante o Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!”. Tralo intenso primeiro día en Lima, comencei a segunda xornada con unha entrevista no Canal 7 da televisión peruana no programa TV Perú Noticias. En realidade quen foi á entrevista non fun eu senón que foi Dulcinea, acompañada de Cesar Wayqui Villegas, o coordinador do Festival.

Alí falamos do Festival e promocionamos a representación do espectáculo de narración oral “Lo que Dulcinea tiene que contarte” que esa misma tarde tería lugar no Museo de Arte de Lima (MALI):

Pola noite, en compañia dunha das voces novas do Festival, Alfonso “Fonchy” Mendoza, collemos o autobús nocturno que nos levaría tras once horas de serpear pola estreita estrada que une Lima con Oxapampa, no departamento de Pasco.

Alí agardaba por nós un todoterreno do serenazgo (policía municipal) que nos trasladou ata a Comunidade Nativa Yanesha de Tsachopén.

Aquí encontrámonos con Edwin Eduardo Ortiz Espíritu, un fascinante narrador Yanesha que foi ademáis o noso excelente anfitrión durante a nosa estadía.

Esta mesma tarde Fonchy mais eu actuamos na Casa Comunal da Comunidade. xunto a Edu Ortiz, que nesta ocasión non narrou, seno que actuou  co seu elenco de danza tradicional Yanesha.

Edu Ortiz (primeiro pola esquerda) e o elenco de danza tradicional Yanesha:

O dia seguinte, luns 14 de setembro agardábanos un intenso percorrido por outras poboacións  da rexión. Pola mañá narramos no salón de actos do Distrito de Chontabamba:

Despois de almorzar, dirixímonos de novo a Oxapampa, onde nos agardaban  no Salón de Actos da Municipalidade.

Representantes da municipalidade entrégannos un obsequio trala representación:

E despois de cenar,  tomamos de novo o autobús nocturno que nos levaría de regreso a Lima.

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

X