Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (3/5)

7 outubro, 2015

Chegamos antes do amencer a Lima, desde Oxapampa, o que nos permitiu ollar unha desacostumada estampa da cidade: Lima sen apenas tráfico!.

Esa mesma mañá regresamos ao Canal 7 onde fun entrevistada por Fátima Saldonid para o programa cultural Metrópolis.

E as oito da tarde a representación de Palabras en la boca,  no Centro Cultural Ricardo Palma, en Miraflores (Lima), acompañada por Nataly Tumialán do Grupo Infantil de Narración Oral como Nova Voz. As Novas Voces é unha interesante iniciativa que se realiza no marco do Festival e  que consiste en facilitar encontros para compartir experiencias entre narradores de distintas procedencias.

E despois de cenar no barrio de Miraflores, a descansar, xa que a mañá seguinte tomaríamos un avión rumbo a cidade de Cusco, onde continuarían as actividades do Festival.

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

X