Palabras na Boca

Palabras na Boca

Pasei a miña nenez escoitando as lendas que contan as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da miña nai, palabras na boca da miña avoa, palabras que me alimentaron e fixéronme crecer. Deambulando entre historias vividas e lidas, namoreime. Palabras na boca traio para compartir e urdir relatos coa miña voz… e coas miñas mans.

X