21 outubro , 2020
Pois así de ben foi Cinema Marabillas no CEIP Mestre Pastor Barral. Grazas ao concello, á Biblioteca de Melide e por suposto a Soqui polas súas verbas sobre o espectáculo:
Un espectáculo de enorme calidade e orixinalidade no que a artista mesturaba anacos de xoias do cine mudo con clásicos (Alicia no País das Marabillas, Polgariño, Peter Pan, …) e unha narración impecable. Encantounos!! Soqui Cea
9 outubro , 2020
Bos días!! Este venres, 9 de Outubro, as nenas e os nenos de Pontevedra entramos no “Cinema Marabillas. Ver para ler” no Auditorio da Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra. Cine dentro do cine!
19 setembro , 2020
Familias de Viveiro este sábado, 19 de setembro, ás 12h agardo por vós!! Vide coñecer “Cinema Marabillas. Ver para ler” grazás á Biblioteca, ao Concello de Viveiro e a Ler conta moito
10 setembro , 2020
Hoxe, 10 de setembro, na Pobra do Caramiñal temos unha cita pola tarde,ás 18h, para pasalo de conto, para pasalo de cine!! Vide en familia a coñecer “Cinema Marabillas. Ver para ler“. Gozaremos coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura; “Polgariño”, “Alicia no país das marabillas”, “Peter Pan”, “O mago de Oz”…O cinema tamén se le.
Grazas, a José Carlos o bibliotecario, e a Ermo o técnico por estar pendentes de todo!!
28 agosto , 2020
O pasado venres 28 de agosto no Auditorio de Redondela pasámolo de conto, pasámolo de cine. Moitas familias viñeron coñecer Cinema Marabillas . Grazas á Bibliotecas de Redondela, ao Concello de Redondela e ao programa Ler Conta Moito.
Así de ben falaron de Cinema Marabillas desde as Bibliotecas de Redondela:
Unha “marabilla marabillosa” foi o espectáculo conducido por Raquel Queizás este pasado venres, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela …E que sorpresas encerraba que ninguén se esperaba !!!
Non as podemos desvelar por se os que o “Cinema Marabillas” non puidestes, esta vez, visitar, nalgún outro momento querédelo gozar… (Do blog Ler conta moito)
Fotaza de Leticia Nogueira Villaverde. Grazas, linda!!
O xornal Diario Atlántico fíxose eco da actuación:
E tamén Radio Redondela, reseñou esta actuación.