Debullando contos

1 marzo, 2021

O pasado 26 de febreiro os maiores que acuden aos Centros de Día de Redondela tiveron a oportunidade de gozar cunha sesión de contos moi especial creada, pensando específicamente neles, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso e co apoio das Bibliotecas de Redondela.
Esta sesión de contos en liña reuniu a cento dez do nosos maiores ao redor dunha serie de divertidos contos da tradición oral que debullei lembrando á miña avoa.
Moitísimas grazas á Elena a bibliotecaria de Redondela por pensar en min e a Fundación Filomena pola confianza.
Moitas grazas tamén aos centros de día Os Cortizos, Galeón, Arela e á residencia de Cesantes e de modo especial ao seu persoal pola súa calorosa e agarimosa acollida.
A Biblioteca de Redondela fixo esta entrada no seu blog:
Radio Redondela convidoume a falar do proxecto na seguinte entrevista:

Enlace á entrevista en Radio Redondela

 

 

 

X