XII edición do Festival del Títere y la Palabra. Titeresi!

21 maio, 2017

O pasado día 20 de maio A Maleta da Avoa viaxou feliz (para iso e unha maleta)  ata Pola de Siero, para participar na XII edición do Festival del Títere y la Palabra. Titeresi! 

A función foi ás 12 ao aire libre no Parque Alfonso X El Sabio, en Pola de Siero. Xuntáronse moitas nenas e nenos que gozaron moito escoitando as historias que a min me contou a miña avoa, cando era pequena. – É unha xana!!! dicía unha meniña mentres eu falaba das mouras. Moito unen as lendas!!!

Luis Vigil o director do Festival estaba pendente de todo. Coñecino fai tempo cando  eu estaba asistindo a unha escola de verán de titeres en Caspe, Zaragoza. Fomos ao teatro a ver sua obra Que viene el lobo de Kamante Teatro, encantoume.

Reencontreime tamén cunha amiga narradora Ana Capilla. Coñecín a Andrea Lobo, solista da Cía PIM PAM TITERES. Entramos na Petit Caravane para ver o Mago más pequeño del mundo. E antes de partir visitamos da man de Joaquín Hernández da Cía Tragaluz Títeres o seu Museo de Títeres e o seu taller, impresionante!! Aquí vos deixo imaxenes e enlaces a videos da miña estancia no Festival. Desexando voltar xa!!! 

TVE Asturias fixo esta reortaxe sobre o festival, onde podedes ver a Mariquiña en plena acción:

 

E Mariola Menéndez, periodista do xornal La Nueva España, fixo esta fermosa reportaxe sobre a miña actuación:

X