Na biblioteca de Verín

Terrorífica e emotiva contada na “miña” biblioteca, a que eu iba de nena, na que pasaba horas e horas lendo e pescudando tamén nos libros dos maiores. Aqueles libros protexidos baixo chave tras uns armarios de cristal… Grazas por tanto agarimo, Aurora, grazas polos agasallos e pola fermosa carta de Emilia Somoza.

Cambio e Conto en Ourense

Esta tarde na Biblioteca de Ourense os protagonistas foron os mais pequenos. Cambio e Conto:

A Orixe en Cambados

Contos do Perú para celebrar o Día das Bibliotecas. A Biblioteca Municipal Luís Rei e as diferentes axencias de lectura de Cambados, reunirónse no Auditorio Municipal da Xuventude para celebrar diferentes actos de celebración: entrega dun lote de libros aos lectores máis activos, lectura do manifesto a prol da lectura e as bibliotecas que este ano escribiu Ledicia Costas…

Mariña en Ribadeo

Está baixando a marea, e con ela chegaron á Biblioteca de Ribadeo as lendas e contos que sabe a serea. “Mariña. Contos nacidos no mar”.  Todo un pracer coñecer a B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo

Podedes consultar a reseña da actuación no blog do programa Ler conta moito.

 

Contando Cousas e Cousiñas en Catoria

Este domingo 25 de setembro estiven de novo, “CONTANDO COUSAS E COUSIÑAS para nenas e nenos“, na Biblioteca Municipal de Catoira. Esta actividade enmárcase na programación do Ano Castelao que a Deputación provincial de Pontevedra está levando a cabo nos concellos de toda a provincia.

X