Romaría en O Grove

De Romaría no Grove ata saír a lúa! Fermosa praza para vivir contos e lendas nosas e compartilas tamén cos visitantes de fóra. Como unen as historias!!! Grazas ó Concello Grove e a Marina, Uxía e Archi da Biblioteca Municipal por convidarme a vir de Romaría á Praza de Arriba!


[:]

Historias da Maletra en Pontevedra

Que ben pasamos todas e todos coas Historias da Maletra. Canto unen os contos, así de ben arroupada estaba hoxe no Parque das Palmeiras de Pontevedra. Grazas por escoitar. Agora, sí, merezo unhas vacacións :).

A próxima contada será na miña terra, na bibliopiscina de Verin o 14 de agosto, dentro do programa Ler Conta Moito con Mariña. Contos nados no mar. Gozade do verán!

 

Vive o Camiño en Toques

Que sitio tan fermoso para contar me agardaba en Toques. E canta xente desexando escoitar as nosas lendas, ata presentín a Moura, da Pena da Moura, sentada entre nós.
Unha ledicia voltar por esta terra unha vez máis, nesta ocasión grazas o programa Vive o Camiño e o Concello de Toques.

Romaría na Trisca

Grazas mozas e mozos por vir a miña Romaría no Centro Sociocultural da Trisca (Santiago de Compostela) . Non querían marchar, veña a pedir outra, outra, outra historia…

(A fermosa fotografía do cartaz é de Mausba Foto)

X