Nas nubes en Vigo
Que ben se está nas nubes! Viaxamos coa imaxinación na procura de contos que se agochan por todas partes. Exploramos lugares perdidos habitados por seres misteriosos e descoñecidos. Todo isto na Praza Da Independencia, de Vigo.
Que ben se está nas nubes! Viaxamos coa imaxinación na procura de contos que se agochan por todas partes. Exploramos lugares perdidos habitados por seres misteriosos e descoñecidos. Todo isto na Praza Da Independencia, de Vigo.
Nas Nubes mañá 13 de xullo ás 20h na praza da De Digao, Navia (dentro da programación NO VERAN UN CONTO Organizada pola Concellaria de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Esou moi feliz un ano máis de participar nesta programación xunto a compañeiras e alumnas!
O fermoso Museo Arqueolóxico de A Coruña, no Castelo de San Antón, escoitou os misterios de As palabras das pedras: as historias que agochan algúns obxectos.
Moi contentas quedamos hoxe despois da estrea de Gretel e Bela de Teatro da Semente no Auditorio Municipal de Ourense. Mil grazas ao público, aos fantásticos técnicos do Auditorio e a Urdime por confiar sempre en nós. E a todas esas outras sementiñas e sementiños que fixeron posible esta montaxe grazas ao seu vestiario, atrezzo, máscaras, monicreques, música, luces e son.
Estamos contentas tamén porque Gretel e Bela foi unha das dezasete obras seleccionadas para participar en Galicia Escena PRO, a feria galega das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)
Sorrisos e máis teatro!
Aquí os deixo unhas fotos da estrea, realizadas por Adrián González Méndez
Elenco: Raquel Queizás (Gretel, Cego, Pita) e Chus Álvarez (Bela, Moucho). Vestiario: Atelier Efímero. Deseño de iluminación: Daniel Piñeiro. Espazo escénico / Máscaras e monicreques: Kukas Produccións Artísticas S.L. Espazo sonoro: Composición musical e aranxos: David Díez e Simón Iglesias. Músicos: David Díez, Juan Romero e Bonham .Efectos sonoros: freesound.org. Voces en Off: Aldara Piñeiro (boneca), alumnas do Estudio de Teatro Casahamlet (nenas liberadas), Bonham (semáforo). Gravación musical: Estudios Bonham. Fotografías: Fran Moledo e Adrián González Méndez. Vídeo: Tingalaranga. Dirección: Raquel Queizás e Chus Álvarez. Texto: baseado no orixinal de Manuel Lourenzo Gretel e Bela .Distribución: URDIME. Agradecementos: ao Estudio de Teatro Casahamlet, en especial a Santiago Fernández.
A Biblioteca Nodal de Pontevedra foi o escenario perfecto para Puro Teatro, unha nova proposta para celebrar o Día do Teatro, na que mixturo a narración oral e o teatro, na que o propio público representa diversas historias. Foi moi divertido!
Inda que foi un domingo de moito sol, eu tendín a roupa dentro… no Auditorio Municipal de Ourense, e así comezou O Segredo do Tedal: