O Día das Letras Galegas en Fisterra e Dumbría

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! (e que sexa todo o ano). Canto queren a Carlos Casares por Fisterra! Moito gustou Cocorocó, o espectáculo baseado na Galiña Azul.

E esa mesma tarde, escoitouse de novo o berro Cocorocó na Casa da Cultura de Bérdeogas, no Concello de Dumbría.

(La Voz de Galicia, 17/05/2017)

Romaría en Rianxo

Que mellor celebración do Día do Libro que montar unha Romaría na mesma Biblioteca de Rianxo?. Mais antes de ir á festa, houbo que rematar de recoller as patacas:

Libros agochados na Biblioteca de Pontevedra

Libros agochados na Biblioteca de Pontevedra

Quen viu algunha vez un libro nun bambán, ou tomando o sol a beira dun río? Quen non escoitou falar do baile das follas escritas? Quen non recorda a nana do libro durmido? Están aí, entre nós, agochados de diferentes formas… Na Biblioteca Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actuación na sua edición de Pontevedra:

 

Caso Pechado en Coristanco

Doble sesión de Caso Pechado na Casa Cultura de Coristanco. Os misterios quedaron resoltos e os casos pechados gracias á sagacidade das mozas e mozos de Coristanco.

X