Este martes 21 de maio, na biblioteca de Noia non cabía ningunha cullarapiña máis!! Grazas por encher a biblioteca de risos, contos, cantigas e bicos de ra. Nano tamén está desexando volver….
E claro que Nano regresou! O venres 24 “O xogo de Nano” encheu o salon de actos da biblioteca Municipal de Noia:
Achégase o Día das Letras Galegas!! Hoxe, 13 de maio tiven o pracer de realizar dúas funcións escolares no Teatro Elma de A Pobra do Caramiñal de Raposadas con Antonio. Homenaxe a Antonio Fraguas, para 150 nenas e nenos das escolas de infantil e primaria. Esta actividade foi Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Pobra do Caramiñal, coma parte da celebración do Día das Letras Galegas.
Foi un pracer representar Somos iguais. Contos pola igualdade na xornada sobre sobre diversidade que organizou o CPI Doutor López Suárez de Friol. Parabéns pola iniciativa!!!
Sempre é unha alegría coñecer unha biblioteca nova, esta tarde tiven unha sesión ben bonita na Biblioteca de Ponteceso con “SOMOS IGUAIS” dentro das IV Xornadas de xénero que organiza cada ano o Concello de Ponteceso. Grandes e pequenos vivimos os contos.
Así reseñaron a actuación dende o face do Concello:
De nenos sensibles e nenas fortes falounos esta tarde a contadora Raquel Queizas e Queliña, a protagonista do espectáculo infantil “Somos iguais”, que se celebrou na Biblioteca Municipal dentro das IV Xornadas de Xénero. Durante case unha hora pequenos/as e maiores compartiron escenario, emocións, diversión e moitos contos pola igualdade moi ben contados. Moitas grazas a todos por participar e contribuír a educar en valores.
Hoxe nin contos de princesas parvas nin de principes valentes. Unímonos ás celebracións do Día da Muller con Somos iguais: contos pola igualdade, na Biblioteca Municipal de Lugo
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.