Hoxe, que sorpresa!! Agardaba na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña a reporteira da TVG para facer unha reportaxe polo Día de Rosalía. E logo gravaron fragmentos de “Buscando a Rosalía” e tamén entrevistaron as nenas e aos nenos. Saímos no telexornal do serán na TVG de este sabado 23 de febreiro
Hoxe tiven o pracer de coñecer a Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei, unha visita moi recomendable. Alí esperábanos Antón que moi amable fíxonos unha visita guiada por todos os cuartos da casa, contounos moitas anécdotas, descubriunos segredos, enredamos entre espellos e versos… Logo compartín contos e lendas na vella palleira coas familias, ao remate Antón nos convidou a merendar, sempre o fai cos artistas. Que riquiño!! como a tortilla, o xamón e o queixiño!!
Hoxe venres, na Biblio Nodal de Lugo, fixen novas amigas e amigos e reencontreime con moitas cullarapas e cullarapos que xa están feitos unhas ras!! Como medraron!!
Hoxe pola tarde na Biblioteca de Pontevedra tiven visita, agardaba por min alí, Vituco, do Diario Cultural para parolar un chisco sobre os contos antes de facer unhas “RAPOSADAS”. Aquí tedes a ligazón por se queredes por a orella. A partir do minuto 11. Moitas grazas a Vituco e ao programa polo interese. Ata o próximo conto!!
Veño feliz de ver como desfrutou a cativada no MiniFICVíaXIV. Un ano máis Aldara, a miña pequena gran actriz, protagonizou o video promocional de Cinema de Historias. Rodamos no Cine de Seixo, en Marin, un dos cines máis antigos de Galicia e que conserva un proxector de 35mm. Perfecto Carballo, o dono do cine, contounos moitas historias de cine e deixounos gravar tamén na cabina de proxección, cunha antigo proxector OSSA en marcha, grazas!!! (O camarógrafo do video, como lle gusta que lle chamen, foi Daniel Piñeiro e a montaxe de Jorge Godás e a súa equipa)
Desde o Vía XIV, Festival Internacional de Curtas de Verín, Galicia quero compartir a miña admiración pola gran Alice Guy contando a súa historia ás nenas e aos nenos , o futuro !!! Por que non se pode querer nin admirar a quen non se coñece…
Alice Guy, dende ben pequena, escoitou contos da súa avoa que fixeron agromar nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.
Oxalá nos vexamos o ano que vén! Xa teño ideas…
O festival tivo moita repercusión nos medios, e tamén Cinema de Historias:
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.