Que tripulación máis riquiña e valente atopei na Biblioteca de Silleda, fomos na procura de contos que falan de igualdade. Houbo debate, iso é bo!! Grazas Teresa e Mónica!! Grazas por seguir pelexando polas actuacións presenciais. Ata o próximo conto!
O xornal La Voz de Galicia, fíxose eco da actuación:
Moitísimas grazas, Susana Pedreira pola entrevista tan entrañable de hoxe en Onda Cero Pontevedra.
Ups!! confundín Berrobambán teatro con Baobab teatro…Que cabeciña! . Con Berrobambán tamén estiven…Son tantas persoas as que tería que dar as grazas por axudarme no meu camiño, que non tiven tempo de mencionalas a todas!!!
Gustoume moito a entrevista. Semella unha conversa de amigas poñéndose ao día. Agora faltarían as miñas preguntas sobre ti, Susana, e a túa arte!!
Apertas!!! Ata a próxima historia
Cada xoves tomamos a última con pontevedreses, de nacemento ou de corazón, que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga. Neste enlace directo á nosa web (Onda Cero) podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en “Más de Uno Pontevedra”.
Arredor dun tendal desgranáronse un feixe de contos de xigantes e bruxas, con monicreques e pantomima onde todxs, grandes e pequenos colaboramos nas historias. Grazas familias de Ribadeo, por vir! Chsss! Gardade o segredo…
Dentro das actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, Pazos organiza un espectáculo que mestura o teatro e o cinema. “Cinema de Historias”, coa actriz Raquel Queizás, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos “o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias”. A cita é mañá mércores, día 10, ás 13.00 horasno Auditorio do Concello. Será a propia Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Como tantas outras, Alice Guy foi unha muller inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, cámara, produtora, maga e moito máis.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.