Travesías no Museo da Historia de Lugo

Travesías no Museo da Historia de Lugo

Cantas familias viñeron de Travesías para coñecer viaxes, cheas de aventuras, nas que descubrimos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Sempre é un pracer contar no Museo Interactivo da Historia de Lugo!

 

Nano vai á escola en Dodro

Nano vai á escola en Dodro

Hoxe Nano vai á escola na fermosa escoliña de Dodro, A Galiña Azul. Que ben o pasamos!! Que maiores son!! Zo, unha das mestras, que leva carrapichos coma min, fixo as fotos! Grazas por todo!!! Grazas tamén a Nati do Concello de Dodro e a Rede Cultural da Deputacion da Coruña por contar comigo

 

Dámoslle volta ao conto en Pontevedra

Dámoslle volta ao conto en Pontevedra

Moito desfrutei contando para as famílias de Pontevedra onte na Biblioteca. O mellor sempre ocorre ao final, son elxs xs que me contan a min.

Grazas por escoitar e partillar comigo esas historias de vida que sempre serán ouro puro. Nunca morrerán se continuamos contándoas

 

 

 

Grazas Nós Diario:

O medo hai que entretelo na Coruña

O medo hai que entretelo na Coruña

Pobre, a Morte colleu medo cando viu, no Campo da Leña, a tantas familias con fameeeeeeee, con fameeeee de contooooos!!!
Grazas por vir, e grazas por pedir outro conto!!! E outro!!! Grazas a Artestudio por contar comigo, e tamén ao Concello da Coruña por seguir apostando pola Cultura!!! É non choveu, saíu o sol… Algunha almiña estivo con nós!

 

 

 

 

X