Ven a Conto en Silleda

Ven a Conto en Silleda

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Silleda foron coñecer a  biblioteca municipal “Daniel Castelao”, e alí desfrutamos todos unha chea con “Ven a Conto”

 

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Grazas a ANPA do EEI A Capela de Ribeira coñecín unha escoliña moi feita, alí agardaban por min as mestras Ana e Rosa, e a pequena Lola. Foi unha honra inaugurar o fermoso recuncho para os contos cheo de sorrisos das familias.

Esta actividade foi financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

Vémonos no futuro no Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Vémonos no futuro no Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Máis de medio millar de nenas e nenos participaban na iniciativa “Vémonos no futuro”. Dentro da programación do fantástico Festival Internacional de Curtas de Verín. Esta actividade divulgativa buscaba achegar o mundo do cinema ó público infantil a través da ciencia ficción. Un espectáculo que “mestura a narración oral co teatro e co cinema e convida á rapazada dos centros educativos de Verín e comarca a unha fantástica viaxe no tempo”. Así de ben o conta O Diario do Támega.

Grazas a todos os centros educativos por vir un ano máis!! Ata veu o Ratiñoooo.
E grazas ao VÍA XIV – Festival Internacional de curtametraxes de Verín e ao Concello de Verín e a todos os patrocinadores e patrocinadoras por seguir facendo realidade este Festival!!

Grazas Daniel Piñeiro tamén por todaaaa a parte técnica!

 

 

 

 

 

Noticia no telexornal da TVG

 

 

Na túa man nos colexios de Pontevedra

Na túa man nos colexios de Pontevedra

 

Así de ben rematamos a xira de contos pola igualdade percorrendo os seguintes centros educativos de Pontevedra: CEIP A Xunqueira 2, CEIP San Martiño de Salcedo, EEI de Verducido, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Daría Gonzalez García, CEIP Cabanas, CEIP de Parada-Campañó, CEIP A Carballeira, CEIP Vilaverde, CEIP Marcón, CEIP Xunqueira 1 e CEIP Ponte Sampaio

Moitas grazas ao @concellodepontevedra @igualdade_pontevedra pola confianza no meu traballo. Moitas grazas á cativada e ás mestras pola escoita e implicación. “Na túa man” O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.
Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

 

 

Desafógate. Unha aventura acuática.

Desafógate. Unha aventura acuática.

 

Ollade, familias!!! ‘Desafógate, unha aventura acuática’, a primeira obra de monicreques creada para previr o afogamento infantil e fomentar condutas seguras en zonas de baño. Un precioso proxecto da Universidade de Vigo, inspirado no conto “O rato con ás que aprendeu a nadar” de Carolina Pineda del Olmo.. E ao rematar a obra, un obradoiro de RCP (reanimación cardio-pulmonar básica) para as crianzas e as persoas adultas. Un espectáculo para desfrutar en familia, e que pode salvar vidas.

 

A obra foi representada nos seguintes lugares, cunha gran afluencia de público:

10/03/2023 Pontevedra (Casa das campás)
12/03/2023 Marín (Museo Torres)
12/03/2023 Soutomayor (Multiusos de Arcade)
14/03/2023 CEIP Frian de Teis (Vigo)
15/03/2023 CPR San Narciso (Marín)
16/03/2023 CEIP Virxe de Covadonga (Ourense)
17/03/2023 Escuela de Semente (Auditorio de Meis)
18/03/2023 Meis (Auditorio Municipal()
18/03/2023. Ponteareas (Auditorio Reveriano Soutullo)
20/03/2023 CEIP Quintela (Moaña)
21/03/2023 Pontevedra (Casa das campás)

 

 

Faro de Vigo 28/02/2023

X