Na túa man nos colexios de Pontevedra
Así de ben rematamos a xira de contos pola igualdade percorrendo os seguintes centros educativos de Pontevedra: CEIP A Xunqueira 2, CEIP San Martiño de Salcedo, EEI de Verducido, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Daría Gonzalez García, CEIP Cabanas, CEIP de Parada-Campañó, CEIP A Carballeira, CEIP Vilaverde, CEIP Marcón, CEIP Xunqueira 1 e CEIP Ponte Sampaio
Moitas grazas ao @concellodepontevedra @igualdade_pontevedra pola confianza no meu traballo. Moitas grazas á cativada e ás mestras pola escoita e implicación. “Na túa man” O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.
Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.
Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.