O museo en camiño volta á ruta!

10 outubro, 2022

Volve O Museo en Camiño! O museo itinerante está de volta á ruta!

Que ilusión me fixo participar nesta segunda edición de este gran proxecto cultural e didáctico!! Grazas por confiar en min, compañeiras de Gestión cultural _ taller abierto!!

Este proxecto realizado por Gestión cultural _ taller abierto e Paspallás que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia feito en colaboración co Museo Provincial de Pontevedra e busca poñer en valor o papel do Camiño como eixo vertebrador de cultura. Ademais pretende impulsar a identidade xacobea de lugares pertencentes á ruta de peregrinaxe ao seu paso pola provincia de Pontevedra. Nenas e nenos de primaria de municipios do Camiño Portugués tiveron a oportunidade de coñecer o significado de formar parte dun percorrido moi antigo na que paisaxe, patrimonio e valores espirituais e medioambientais se funden nunha ruta de intercambio entre persoas.

O museo itinerante botou a andar! Algunhas das pezas máis destacadas da colección do Museo Provincial chegaron aos coles de Barro (CEIP Amor Ruibal), Catoira (CPI de Progreso), PonteSampaio (CEIP de Pontesampaio), Pontecesures (CPI Pontecesures) e Cesantes (CEIP Outeiro das Penas)

E non vos perdades a Exposición!!!: Ata o 27 de novembro pode visitarse no primeiro andar do Edificio Castelao a exposición didáctica coa que pecha o programa ‘O Museo en Camiño, volta á ruta’, en colaboración co Museo, dentro do programa ‘O teu xacobeo’ da Xunta de Galicia.Auténticas pezas de arte feitas en familia coas fabulosas compañeiras de @tallerabierto @asociacion_paspallas Museo de Pontevedra
Con esta exposición remata este completísimo proxecto. Grazas por contar comigo!

 

X