A orixe en San Sadurniño
Festexamos o Día do libro infantil e xuvenil contando na Casa da Cultura de San Sadurniño coas máis cativas do cole. Unha proposta para descubrir o mundo en que vivimos a través das lendas e contos doutros lugares, pero tamén para fomentar o amor polos libros e a lectura que, ao cabo, é unha maneira de formar persoas adultas libres, solidarias e respectuosas coas demais. Grazas, Ana, polas fotos tamén
Este espectáculo encádrase nas actividades da Biblioteca Municipal “Lendo En San Sadurniño” a través do programa Ler Conta Moito da Consellaría de Cultura.