Descubrindo magas no Salón do Libro de Pontevedra

4 marzo, 2024

Estrea absoluta de “Descubrindo Magas” no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva como tema “A maxia”.

“Descubrindo Magas” achega as historias de moitas mulleres magas que, aínda que descoñecidas, habelas hainas. Contei a historia das irmás Fox, que foron moi famosas nos Estados Unidos porque seica podían falar cos mortos (ou iso pensaba a xente, xa que logo recoñeceron que non era tal, que todo nacera dunha brincadeira). Tamén puidemos coñecer a historia de Lulu Hurst, que foiu coñecida como a “moza magnética” pola súa forza sobrehumana. Tivemos, na sesión, raios, tronos e libros máxicos!!!

Este espectáculo o  pudieron ver en primicia o alumnado dos centros escolares de Pontevedra CEP Marcos da Portela, CEIP Xunqueira 2 e CEIP do Carballal de Marín.

 

 

 

 

 

 

X