A Viaxe de Nano en Cabana de Bergantiños
Despedimos este domingo co público entregado no Auditorio de Cabana de Bergantiños. Vimos como xuntas, a través dos contos, seguimos medrando en galego con Nano.
Grazas Luz e Martin por contar con nós!!



Despedimos este domingo co público entregado no Auditorio de Cabana de Bergantiños. Vimos como xuntas, a través dos contos, seguimos medrando en galego con Nano.
Grazas Luz e Martin por contar con nós!!



Hoxe foi un día de dobre aventura cheo de risas e aprendizaxe en galego coa viaxe de Nano! Moitas grazas a todas as familias que vos achegastes para vivir a auténtica aventura de medrar. Unha mañá máxica no Mercado de Nadal do Pavillon A Lavandeira de Cabanas, onde Nano espallou a súa enerxía e ilusión entre os máis pequenos.


Coma o Apalpador coas súas castañas, agardamos ter deixado en vós unha boa provisión de ilusión. Coma a Moura coa súa sabedoría, agardamos ter acendido esa faísca de maxia que gardamos todos.
E mesmo os Trubincos ensináronnos que, ás veces, o máis caótico é o máis divertido. A música é así: non se ve, pero dános forza cando máis a precisamos. A maxia do Nadal de Galicia non se perdeu, recuperámola xuntos, nota a nota, debaixo desta nosa treboada de sons e contos. Un galano de contos!
Emotivo e fermoso concerto de Nadal tivemos onte coas bandas infantil, de iniciación, e xuvenil dirixidas polo gran director Daniel González Troncoso do Ateneo Musical de Bembrive. Grazas á Escola de Música, á rapazada das bandas, ás familias, a todos por vir!!





Que tarde de aventuras vivimos! As nosas cativiñas e ás súas familias, foron verdadeiras heroínas, enfrontándose xuntas a: temibles tornados, a malvada Raíña de Corazóns, ogros, a tropa do malévolo Capitán Garfo…
Demostramos que unirse contra os malos é a mellor forma de medrar!
Foi incrible ver como Cinema Marabillas.Ver para ler nos mergullaba nas primeiras adaptacións cinematográficas literarias dalgunhas das miñas historias favoritas.
Mil grazas a Carmen do Concello de Bueu por contar comigo na súa fantástica programación de Nadal



Que xornadas tan emocionantes e enriquecedoras vivimos coas últimas sesións de A Touporroutou no Museo do Pobo Galego!
O corazón do proxecto, as incansables recolledoras de cantigas dos centros educativos, deambularon maxistralmente polas distintas idades da vida dunha cantareira, tecendo un fermoso e emotivo fío musical
– Do nacemento á infancia: Desde os primeiros e tenros arrolos da nai, que as mecen ao chegar a este mundo.
-A madurez e a vellez: Ata a súa última etapa, onde xa como grandes artistas, fan xiras por Europa levando as nosas cantigas e música galega.
Unha viaxe sonora que demostra a perdurabilidade e a vitalidade da nosa música popular. Vivan ás Touporroutou de onte, hoxe e mañá! O seu legado resoa e inspira ás novas xeracións.
Agradecementos especiais: Quero expresar o meu máis sinceiro agradecemento ao Museo do Pobo Galego por abrir as súas portas e ser o marco perfecto para esta iniciativa. E, por suposto, un agradecemento moi especial a Carminha e Ana pola súa inestimable confianza no meu traballo. É unha honra colaborar con vós e seguir construíndo proxectos tan valiosos para a nosa cultura.


Hoxe estiven no CEIP Jose Cornide da Coruña coa contada Cinema de historias da man de Alice Guy.
O seu proxecto anual é o cine e non podía faltar a figura que o iniciou todo!
Alice Guy foi a primeira persoa en contar unha historia de ficción na gran pantalla, unha directora silenciada durante anos por ser muller.A rapazada e o profesorado quedaron abrasados ao descubrir a súa vida e as súas películas!
O máis inspirador? As súas historias, case sempre protagonizadas por mulleres valentes e loitadoras. Recuperar a Alice Guy é facer xustiza coa historia do cinema!
Grazas por esta mañá de cine e reivindicación! Que importante é recuperar estas figuras! O cinema non se entende sen Alice Guy. Grazas ao CEIP Jose Cornide por tanta escoita e agarimo, e por facer este oco para a historia e para a reivindicación. A próxima xeración de cineastas pode estar entre estas estudantes!
Sabías que…?
Alice Guy comezou a traballar coa cámara cando ninguén cría que o cinema tivese futuro.
Ela experimentou coa cor e o son moito antes de que fosen habituais.


