Raposadas en Pazos de Borbén

28 abril, 2024

Que pracer voltar a Pazos de Borben co espectáculo Raposadas. Foi o pasado venres día 26 de abril ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén. Esta actividade forma parte do Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos coas que conmemoran o Día mundial do libro e o dereito de autor que se celebrou en todo o mundo o día 23 de abril. No público encontrábanse os usuarios da Asociación Aspavi e o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos.

Grazas por todo José Manuel! (e tamén polas fotos e os videos)

 

 

 

 

X