FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! (e que sexa todo o ano). Canto queren a Carlos Casares por Fisterra! Moito gustou Cocorocó, o espectáculo baseado na Galiña Azul.
E esa mesma tarde, escoitouse de novo o berro Cocorocó na Casa da Cultura de Bérdeogas, no Concello de Dumbría.
Comeza a semana de celebración das Letras Galegas, este ano adicada ao gran Carlos Casares. Hoxe luns, 15 de maio, pola mañá, tiven a sorte de levar o meu espectáculo COCOROCÓ (homenaxe ao libro ‘A galiña azul’) ata a Praza de San Martiño en Ourense. Un gran evento, unha festa, organizado pola Concellería de Educación de Ourense para o alumnado dos colexios de esta fermosa cidade:
O programa da Televisión de Galicia A Revista Fin de Semana conectou en directo este domingo 23 de abril coa Praza da Ferrería en Pontevedra, onde se estaba a celebrar o Día do Libro. E ahí estaba eu, co meu novo espectáculo Cocorocó, homenaxe á obra A Galiña Azul de Carlos Casares.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.