Ven a Conto en Silleda

Ven a Conto en Silleda

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Silleda foron coñecer a  biblioteca municipal “Daniel Castelao”, e alí desfrutamos todos unha chea con “Ven a Conto”

 

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Grazas a ANPA do EEI A Capela de Ribeira coñecín unha escoliña moi feita, alí agardaban por min as mestras Ana e Rosa, e a pequena Lola. Foi unha honra inaugurar o fermoso recuncho para os contos cheo de sorrisos das familias.

Esta actividade foi financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

Na túa man nos colexios de Pontevedra

Na túa man nos colexios de Pontevedra

 

Así de ben rematamos a xira de contos pola igualdade percorrendo os seguintes centros educativos de Pontevedra: CEIP A Xunqueira 2, CEIP San Martiño de Salcedo, EEI de Verducido, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Daría Gonzalez García, CEIP Cabanas, CEIP de Parada-Campañó, CEIP A Carballeira, CEIP Vilaverde, CEIP Marcón, CEIP Xunqueira 1 e CEIP Ponte Sampaio

Moitas grazas ao @concellodepontevedra @igualdade_pontevedra pola confianza no meu traballo. Moitas grazas á cativada e ás mestras pola escoita e implicación. “Na túa man” O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.
Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

 

 

Desafógate. Unha aventura acuática.

Desafógate. Unha aventura acuática.

 

Ollade, familias!!! ‘Desafógate, unha aventura acuática’, a primeira obra de monicreques creada para previr o afogamento infantil e fomentar condutas seguras en zonas de baño. Un precioso proxecto da Universidade de Vigo, inspirado no conto “O rato con ás que aprendeu a nadar” de Carolina Pineda del Olmo.. E ao rematar a obra, un obradoiro de RCP (reanimación cardio-pulmonar básica) para as crianzas e as persoas adultas. Un espectáculo para desfrutar en familia, e que pode salvar vidas.

 

A obra foi representada nos seguintes lugares, cunha gran afluencia de público:

10/03/2023 Pontevedra (Casa das campás)
12/03/2023 Marín (Museo Torres)
12/03/2023 Soutomayor (Multiusos de Arcade)
14/03/2023 CEIP Frian de Teis (Vigo)
15/03/2023 CPR San Narciso (Marín)
16/03/2023 CEIP Virxe de Covadonga (Ourense)
17/03/2023 Escuela de Semente (Auditorio de Meis)
18/03/2023 Meis (Auditorio Municipal()
18/03/2023. Ponteareas (Auditorio Reveriano Soutullo)
20/03/2023 CEIP Quintela (Moaña)
21/03/2023 Pontevedra (Casa das campás)

 

 

Faro de Vigo 28/02/2023

O Ratiño Perez chega a Verín!

O Ratiño Perez chega a Verín!

Este mércores, máis de 600 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca de Verín recibiron no Auditorio Municipal de Verín ao ratiño Pérez. Os seus anfitrións foron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo e o xerente da Fundación Dentalnova, Antonio Justo; quen lle deron unha calorosa benvida e entregáronlle unha medalla de honra en agradecemento ao seu «encomiable labor ilusionando, ano tras ano, aos máis pequenos da casa».
 


 

Esta actividade foi posible grazas a colaboración entre Fundación Dentalnova e polo Concello de Verín.

Tiven a sorte de traballar con un grande equipo para dar vida a un conto e ao Ratiño máis querido:
 

 

 


X