24 maio , 2019
Este martes 21 de maio, na biblioteca de Noia non cabía ningunha cullarapiña máis!! Grazas por encher a biblioteca de risos, contos, cantigas e bicos de ra. Nano tamén está desexando volver….

E claro que Nano regresou! O venres 24 “O xogo de Nano” encheu o salon de actos da biblioteca Municipal de Noia:


La Voz de Galicia, 21/05/2019
25 abril , 2019
Foi un pracer representar Somos iguais. Contos pola igualdade na xornada sobre sobre diversidade que organizou o CPI Doutor López Suárez de Friol. Parabéns pola iniciativa!!!

O xornal El Progreso reseñou estas actividades:

22 marzo , 2019
Sempre é unha alegría coñecer unha biblioteca nova, esta tarde tiven unha sesión ben bonita na Biblioteca de Ponteceso con “SOMOS IGUAIS” dentro das IV Xornadas de xénero que organiza cada ano o Concello de Ponteceso. Grandes e pequenos vivimos os contos.

Así reseñaron a actuación dende o face do Concello:
De nenos sensibles e nenas fortes falounos esta tarde a contadora Raquel Queizas e Queliña, a protagonista do espectáculo infantil “Somos iguais”, que se celebrou na Biblioteca Municipal dentro das IV Xornadas de Xénero. Durante case unha hora pequenos/as e maiores compartiron escenario, emocións, diversión e moitos contos pola igualdade moi ben contados. Moitas grazas a todos por participar e contribuír a educar en valores.
Grazas pola agarimosa acollida!


6 marzo , 2019
Hoxe nin contos de princesas parvas nin de principes valentes. Unímonos ás celebracións do Día da Muller con Somos iguais: contos pola igualdade, na Biblioteca Municipal de Lugo



16 febreiro
, 2019
Hoxe tiven o pracer de coñecer a Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei, unha visita moi recomendable. Alí esperábanos Antón que moi amable fíxonos unha visita guiada por todos os cuartos da casa, contounos moitas anécdotas, descubriunos segredos, enredamos entre espellos e versos… Logo compartín contos e lendas na vella palleira coas familias, ao remate Antón nos convidou a merendar, sempre o fai cos artistas. Que riquiño!! como a tortilla, o xamón e o queixiño!!






15 febreiro
, 2019
Hoxe venres, na Biblio Nodal de Lugo, fixen novas amigas e amigos e reencontreime con moitas cullarapas e cullarapos que xa están feitos unhas ras!! Como medraron!!


