Ler conta moito 2016

4 febreiro , 2016

Xa está dispoñible o catálogo de actividades de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura que a  Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición  da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

E entre as actividades seleccionadas para incorporarse ó catálogo de este ano 2016, encóntranse dous dos meus espectáculos de contos: Mariña, contos nacidos do mar,  e A Orixe:

Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.  Agora comparte con nós todas as súas historias e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos e que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

 

A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.

 

X