Historias da Maletra en Catoira

Eu e a miña Maletra, tivemos o pracer de visitar a Biblioteca Pública Municipal de Catoira, o abeiro do programa Ler Conta Moito. Unha chea de rapaces me agardaban alí para escoitar os contos que saian da miña Maletra, mais non so escoitaron, senón que tamén participaron activamente no desenrolo das historias.

Nanocontos en Foz

Nano viaxou ata Foz, dentro da programación das letras organizada pola Biblioteca Pública Municipal, para deleitar os más pequenos de esta vila coa súas aventuras. A visita de Nano, foi a excusa perfecta para moitos bebés se achegaran por primeira vez a esta fermosa biblioteca. Ademáis os nenos que se fixeron socios este día, tiveron un libro de agasallo!

Carriños aparcados na entrada da Biblioteca:

Nanocontos na Biblioteca Infantil de Carral

Nanocontos na Biblioteca Infantil de Carral

Tiven o pracer de comezar na Biblioteca Infantil de Carral as miñas andanzas en Ler Conta Moito, o novo programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura. Nais, pais e os seus cativos, seguiron con moita atención as aventuras de Nano.

O rematar a función, Nano contoulle os nenos cales eran os seus libros favoritos, que ademais estaban dispoñibles na biblioteca!

O diario La Voz de Galicia, anunciou esta actividade na sua axenda da edición de A Coruña:

Ler conta moito

Ler conta moito 2013

Ler conta moito é o novo programa de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Este programa toma o relevo do denominado “Letras Vivas”, que estivo funcionado ata o ano pasado.

Dous dos meus espectáculos de contacontos e animación a lectura (Nanocontos e Historias da Maletra), foron seleccionados entre as 145 actividades que a Conselleria pon a disposición das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia para desenvolver actividades de fomento da lectura.

Podedes consultar o catálogo das  actividades dispoñibles no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

X