Historias da Maletra en Chapela

A miña Maletra e eu, seguimos a nosa viaxe polas bibliotecas de Galicia.  Este venres 20 de setembro, tivemos a sorte de chegar por primeria vez á Biblioteca de Chapela, en Redondela.
Un público de todas as idades, moi participativo,  gozou moito das historias que xurdian da Maletra, e non é que o diga eu:

 Da súa “maletra” chea de letras, Raquel Queizás extraeu historias cheas de maxia.
Contos fermosísimos como: “A princesa ratiña”, “O Papón” e mais “Que bicho tan raro” fixéronnos pasar unha excelente tarde a todos os presentes, tanto a os cativos como aos adultos.
E porque ademáis de historias divertidas e moi ben contadas, son historias con mensaxe moi interesante, sobre o coñecemento persoal, a autoaceptación, a bondade e a xenerosidade…
Interacción con rapaces e adultos, que se converteron en improvisados actores, mímica, títeres de luva ou culleres de pau… deron vida a unhas historias xeniais, que nos quedarán na lembranza a todos.

(do blog das bibliotecas de Redondela)

Historias da Maletra en Valga

Da man da miña Maletra (ou era o revés?), o caso é que unha da man da outra chegamos  a Casa da Cultura do Concello de Valga.

Contacontos en Valga

O espectáculo foi anunciado na edición local do Faro de Vigo.

Historias da Maletra en Pontecaldelas

Pontecaldelas celebra as suas festas, e que mellor  excusa para achegar os contos os mais pequenos da vila. Dentro do programa Ler conta moito, fun convidada a visitar coa miña Maletra chea de historias, a fermosa Biblioteca Pública Municipal.

Contacontos en Pontecaldelas

Contacontos en Pontecaldelas

Nanocontos en Celanova

Nanocontos, o espectáculo de contos para os máis pequenos (de 0 a 3 anos), continua a súa xira polas bibliotecas de toda Galicia. Nesta ocasión Nano e máis eu visitamos a Biblioteca Pública de Celanova, onde os alumnos da Escola Infantil Municipal nos agardaban desexando coñecer as aventuras de Nano.

Podedes ver mais imáxenes da actuación no blog de Ler Conta Moito.

Historias da Maletra en Ferrol

Este mércores 5 de xuño, eu e a miña Maletra chegamos a sala  infantil da Biblioteca Municipal de Ferrol dentro do programa Ler Conta Moito. Era a vez primeira que visitaba este espazo, o que agardo volver pronto!

X