A Maleta da Avoa en Sarria

O espectáculo de contos A Maleta da Avoa, convocou a unha morea de nenos na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria. Tanto eles coma os maiores gozaron coas lendas e historias que xurdían da maleta.

Cito a entrada sobre a actuación no blog do programa Ler Conta Moito:

O pasado luns, 15 de setembro, tivemos un cheo total no contacontos “A maleta da avoa”, onde houbo ledicia para todos e todas; para os maiores foron recordos e para os nenos novidades. A representación resultou marabillosa e o trato cos pequenos inmellorable.

Moitas grazas por estas verbas e ata o próximo conto!

A Orixe en Verín

A Biblioteca Municipal de Verín achega durante o  verán os seus fondos os bañistas que acuden a piscina municipal. Un lugar perfecto para escoitar as historias do espectáculo de contos A Orixe:

A Maleta da Avoa en Cerceda

A biblioteca municipal de A Silva en Cerceda, recibiu A Maleta da Avoa có público preparado e disposto a seguir as historias que levei na maleta

A Orixe en Cuntis

A Orixe chegou a Cuntis o mesmo tempo que o bo tempo! Así que aproveitámolo e fixen a contada na fermosa Praza dás Arbores, onde se atopa a Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres:

Estrea A Orixe na Biblioteca Nodal de Vigo

Estrea de A Orixe, o meu novo espectáculo  narración oral, manipulación de obxectos e monicreques, na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo.

Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo.

A Orixe é un dos espectáculos seleccionados polo programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas Públicas de Galicia,  Ler Conta Moito.

Os nenos e no tan nenos encheron o espazo dedicado as representacións na Biblioteca de Vigo, e desfrutaron moitísimo coas historias que contaba a exploradora.

Contacontos en Vigo

Contacontos en Vigo

X