A Maleta da Avoa en Sarria

15 setembro, 2014

O espectáculo de contos A Maleta da Avoa, convocou a unha morea de nenos na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria. Tanto eles coma os maiores gozaron coas lendas e historias que xurdían da maleta.

Cito a entrada sobre a actuación no blog do programa Ler Conta Moito:

O pasado luns, 15 de setembro, tivemos un cheo total no contacontos “A maleta da avoa”, onde houbo ledicia para todos e todas; para os maiores foron recordos e para os nenos novidades. A representación resultou marabillosa e o trato cos pequenos inmellorable.

Moitas grazas por estas verbas e ata o próximo conto!

X