Contos en Caldas de Reis

A Biblioteca Municipal “Padre Manuel Martínez Ferro” de Caldas de Reis, recibiu a visita de A Maleta da Avoa, o meu espectáculo de contacontos, monicreques e manipulación de obxectos. Todos o pasamos en grande!

Historias da Maletra en Melide

E despois de tanto viaxar coa miña maletra, chegou a última (que non aderradeira) actuación dentro do programa de fomento á lectura Ler conta moito.
A miña maletra e mais eu tivemos a sorte de rematar na Biblioteca Municipal de Melide, chea hasta a bandeira de nenos grandes e nenos pequenos:

Nanocontos en Neda

A Biblioteca Pública Municipal de Neda, programou o contacontos para bebés Nanocontos, coa colaboración do programa de fomento da lectura  Ler conta moito, da Xunta de Galicia. E alí fomos Nano mais eu, a presentar os mais xoves lectores os libros que teñen a súa disposición na súa biblioteca. Como sucedeu en outras bibliotecas, os contos foi a escusa perfecta para que os pais e nais se achegaran por vez primeira á biblioteca, e así a xornada rematou con algún novo carné de socio.

X