Historias da Maletra e Palabras na Boca en Valladolid

21 agosto, 2019

Cheguei en tren a Valladolid para participar no ciclo Ventanas escénicas, unha rica e variada programación que organiza a Biblioteca de Castilla e León no medio do estío, un oasis cultural.
Foron dúas sesións de contos: Historias de la Maletra e Palabras en la boca.


Un público entregado e con ganas de historias agardaba por min na sesión matinal, en familia, grandes e pequenos entraron a formar parte das aventuras que se agochan entre as letras de Historias de la Maletra.

E polo serán, tamén no fermoso Patio das Palmeras do antiguo palacio dos condes de Benavente, un público adulto percorreu comigo as lembranzas da miña nenez con Palabras en la boca escoitando lendas, contos e historias de vida que me fixeron medrar na Galiza Máxica. Grazas a Luís, a Fernando e a todo o persoal da biblioteca de Valladolid por tanto agarimo. Grazas ao público pola escoita, polos risos, pola complicidade, polas felicitacións,..

 

 

X