Caso pechado e Raposadas no Festival Falando a boca chea 2019

12 abril, 2019

Hoxe, pola mañá, no Auditorio do Forum, dentro do Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea, compartín coa mocidade a miña paixón polo suspense e o cine negro, “CASO PECHADO”. Como sempre as mozas e os mozos son os protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas que tiveron lugar os sucesos.
Grazas aos IES e ás mestras pola vosa entrega e escoita. Adoro contar para as mozas e mozos dos institutos!!

E esta mesma tarde, moitas “Raposadas” fixen para os pequenos na Biblioteca do Forum Metropolitano

 

 

X