30 decembro , 2013
E despedimos este ano 2013 con mais contos. Dentro das actividades que se desenrolan na carpa instalada na Alameda Rosalía de Castro de Marín, o contacontos A Maleta da Avoa congregou a un feixe de rapaces e non tan rapaces nesta chuviosa tarde do 30 de decembro:


9 novembro , 2013
A maleta da avoa visitou a librería Andel, en Vigo, que fai apenas un mes que estreou a suas novas instalacións no número 102 da Avenida das Camelias (Vigo). Esta é unha librería especializada en textos galegos e portugeses. Foi un pracer vagar polos seus andeis guiada por Xaime e Conchi, atopando novas historias. Tamén teñen seu propio andel na rede, www.andelvirtual.com, con milleiros de referencias.

Alí coñecín ao poeta Manolo Pipas, quen escribiu esta fermosa crónica no seu caderno dixital, www.envolventesaspalabras.info
cóntame queliña
cóntame un conto
un conto por favor
da maleta da avoa
títeres de mazarocas
e a historia do papón
a maleta da avoa
está chea de contos
de contos que son verdade
ai que cousiñas tan ricas
suspiran nenas e nenos
ai que fermosas viaxes
(manolo pipas)





19 xuño , 2013
Tiven o pracer de ser invitada pola Asociación de Nais e Pais do Colexio Amaro Refojo de Verín, para realizar una contada co gaio das actividades de peche do curso 2012-2013. Encántame traballar na miña terra natal!


24 novembro , 2012
A concellaría de Cultura do Concello de O Rosal continua coas actividades de fomento a lectura que organizan na Biblioteca Municipal de O Rosal os últimos sábados de cada mes. E alí fun, nesta ocasión co espectáculo de contos A Maleta da Avoa. Grazas a Charo Tabales Perozo (Concelleira de Cultura) por convidarme a participar un ano mais!.

20 outubro , 2012
A sala LaTuerka27 na Coruña, continua coa su programación de espectáculos para os mais pequenos: esta tarde foi A Maleta da Avoa chea de contos, e mañán será a estrea de Viaxe a Dadá.


2 abril , 2012
Para celebrar o Día do Libro Infantil, o novo espectáculo de contos, A Maleta da Avoa, chegou a biblioteca da Casa da Cultura da fermosa vila de San Ciprián.
La Voz de Galicia, reseñou esta actividade.
As fotos foron tomadas por Javi Lamela. Gracias!


