8 novembro , 2015
A Casa da Cultura Ramón Sampedro en Xuño, no Concello de Porto do Son foi o escenario perfecto para representar o espectáculo de contos e manipulación de obxectos A Maleta da Avoa. Unha chea de rapaces gozaron coas historias que xurdían da maleta da miña avoa nesta soleada tardiña de domingo.

29 setembro , 2015
Hoxe foi un día de moito viaxar. Despois de contar pola mañán en Escairón, partín coa Maleta da Avoa cara a Biblioteca Manuel María de Oleiros, onde agardaba un nutrido público infantil con moitas ganas de contos:



26 agosto , 2015
A Biblioteca Municipal Rosalia de Castro de Arzúa, acolleu o espectáculo de contos A maleta da avoa, dentro das actividades culturais programadas polo concello para este mes de agosto. Unha chea de rapaces agardaban polas historias que xurdían na maleta da miña avoa.



La Voz de Galicia, 26 de agosto de 2015 (Edición Santiago)
19 agosto , 2015
É fermoso atopar nenas de 78 anos que tamén xogaron con bonecas de millo. Iso me contou María. Tamén me dixo que lle rifaban por xogar con elas por que botaba os carozos de millo a perder e ademais lle dicían que podía coller piollos, ha, ha!
Un pracer actuar no salón de actos do Concello de Cee, no marco da programación de Cee, á escena! que organiza este concello.




9 agosto , 2015
Foi unha moi refrescante representación do espectáculo de contos A Maleta da Avoa, nas piscinas municipais da Granxa de Verín.
Grazas á Biblioteca Municipal de Verín, que cada ano organiza a Bibliopiscina, para achegar os libros os rapaces, puiden ten o honor de actuar de novo miña propia terra!



21 maio , 2015
Foi todo un pracer acudir nesta soleada tarde de primaveira a Redondela e ver a biblioteca chea de rapaces que agardaban escoitar os contos de A Maleta da Avoa.
Esta función contou co apoio do programa Ler Conta Moito.


