A Maleta da Avoa en Riveira

Día de feira en Riveira, e que mellor que rematar a mañán no Centro Cultural Luestres Rivas, escoitando os contos de A Maleta da Avoa?

O sábado, 16 de maio ás 12.00 h a Biblioteca de Riveira encheuse de nenos e nenas (e tamén de mamás, papás, avós, avoas…) que miraban curiosos para a misteriosa maleta. Comezou Raquel a contar cousas, a cantar a falar, e o público cos ollos arregalados viu como aparecían bonecas nacidas das mazarocas do millo ou culleres de pau que falaban coma nenas.

Está actividade contou co apoio do programa Ler Conta Moito.

A Maleta da Avoa en Foz

Continuo a viaxar por toda Galicia grazas á Maleta da Avoa, e asi chequei a Biblioteca Municipal de Foz, para celebrar o Día das Letras Galegas.


A Maleta da Avoa en Nigrán

O público da  Biblioteca  Municipal de Nigrán recibiu con entusiasmo os contos que xurdían da Maleta da Avoa, nunha actividade patrocinada polo programa Ler Conta Moito.

A maleta da avoa en Brión

Foi un pracer participar nas  actividades que programou a biblioteca pública municipal de Brión para conmemorar o Día do Libro 2015,  e alí fun coa “A maleta da avoa” coma equipaxe.

Esta actividade contou co apoio do programa Ler Conta Moito.

A Maleta da Avoa na Pobra do Caramiñal

A Asociación de Nais e Pais Areal do  E.E.I. Fernández Varela (Pobra do Caramiñal), organizou varios actos para celebrar o Día Internacional da Muller. Foi un pracer contar A Maleta da Avoa no Auditorio O Lagar.

X