Contos do Cestiño na Biblioteca de Cedeira

Contos do Cestiño na Biblioteca de Cedeira

O espectáculo de Contos do Cestiño, chegou a Biblioteca Pública Municipal López Cortón de Cedeira, onde agardaban os alumnos do Colexio Nicoás del Rio de esta vila con moitas ganas de escoitar historias.

O Xornal La Voz de Galicia, reseñou a actuación na súa edición local de Ferrol:

Ángeles, a bibliotecaria, facilitoume as seguintes fotos da biblioteca. Podedes comprobar o fermosa e acolledora que é. Isto axuda a explicar que teña 2.484 usuarios entre nenos e nenas. Noraboa!

 

Espectáculo de contos “Previndo a desigualdade”, en Fene.

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene, organizou esta lúdica xornada de contos interactivos para a poboación infantil e as familias. Aproveitando o feirón de Perlío, desenroluse durante dúas horas unha serie de contos, actuacións e interpretacións na liña do fomento da igualdade, a corresponsabilidade e a visibilización de comportamentos sexistas e machistas cara a prevención da violencia de xénero.


X