Romería en Meixonfrío (Festival Atlántica)

Comenzo mia participación en el Festival Atlántica contando en una capilla de película los cuentos de “ROMERÍA” para las familias que vinieron alaa Casa Agraria en Meixonfrío (Santiago de Compostela). ¡¡¡Como unen los contos!!! ¡¡Gracías por venir a escuchar!! ¡¡Hasta el próximo cuento!!

 

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Un día de sol radiante cos prados brancos comeza en Verín. Xa botou a andar con gran éxito a segunda edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN . Onte día 5 de xaneiro o “futuro”, as nenas e nenos de diferentes colexios de Verín e comarca viñeron gozar do cinema!!! Que mellor ocasión para contarlles como comezou esta ilusión que se fixo arte, a sétima arte.

Unha maleta vella esconde, como se de unha “cápsula do tempo” se tratase, os recordos dun neno de Verín que desde 1905, con oito anos, fascinado pola imaxe en movemento soña con ser de maior operador cinematográfico. El é Máximo godás  e conseguiu facer realidade o seu soño de cinema.

Aquí vos deixo a promo que fixo Jorge Máximo Godás para o MINIFIC nela sae Aldara, a miña filla, homenaxeando a un dos seus actores cómicos favoritos do cinema…

Feliz de actuar na miña terra para o FUTURO, butacas cheas de soños para gozar do cinema. Xa queren que volva o ano que vén, ogallá!!! Grazas á organización e a toda a xente que traballou como voluntarios. Grande equipa, noraboa!!!

O programa A Revista da Televisión de Galicia fixo un pequeno reportaxe sobre o MiniFIC:

 

Xa está ahí o Festival Atlántica 2016

O festival Atlántica concibe Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias dos países que beirean o océano Atlántico, un enorme espazo cultural. Contadores e contadoras de Galicia, Cuba, Perú, Azores, Colombia… Atlántica baséase nunha programación inzada de historias para todas as idades, pero tamén no debate, na reflexión e no diálogo sobre a creación literaria e a lectura. Na web do festival xa se pode ver moito do que será Atlántica.

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!

Do 10 ao 25 de setembro de 2015 tiven a sorte e o pracer de viaxar contando historias por varias rexions do Perú, grazas a invitación do Festival todas las palabras, todas! 

Este é o indice das entradas do blog onde publiquei un resumo das miñas andainas polas terras peruanas:

inicio_limaFestival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)


OxapampaFestival Internacional de Narración Oral dol Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)


Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todaslas Palabras, Todas!” (III)


mototaxiFestival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (IV)


img_destacadaFestival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (V)


Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (5/5)

Remato con esta entrada o breve relatorio das intensas dúas semanas de viaxes e actuacións no Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!”. Voltamos a Lima dende Cusco o 22 de setembro, de mañanciña, para actuar no Colexio Claretiano de San Miguel, en Lima:

E pola noite, a  esperada gala  final do Festival Internacional de Narración Oral del Perú, Todas Las Palabras Todas!. Unha preciosa función colectiva no Centro Cultural Ricardo Palma de Miraflores (Lima). Foi unha ledicia e unha honra estar rodeada de tan grandes narradores.

De esquerda a dereita os participantes na gala: Silencio el Viajero (Lima, Perú), Walner “El Duende” Jaramillo (Cali, Colombia), Miguel “El Chato” Álvarez (Ayacucho, Perú), Eu mesma (Galicia),  Nino Mirones (Huancayo, Perú), Eduardo Ortiz (Nación Yánesha, Perú), e Cosset González (Lima, Perú) como nova voz.

E como epílogo o Festival, quedaba unha das actuacións máis emotivas de estas dúas semanas . Edu Ortiz e mais eu, acudimos as instalacións do colexio “Vencedores de Pachacútec”, onde contamos para os alumnos do Programa de Alfabetización e Educación Básica de Adultos. Podedes obter máis información sobre a actuación no blog do colexio, La voz del piloto.

O rematar a función, compartimos a cena cos docentes do centro “Vencedores de Pachacútec”, e dos centros “José Olaya”, “Andrés Rázuri”, “Divino Cristo de las Alturas” e “CETPRO Márquez”, todos tamén participantes no PAEBA (Programa de Alfabetización e Educación Básica de Adultos):

Aquí tivemos a sorte de coñecer a docente Gloria Pizarro Dioses, orixinaria da rexión de Tumbes, no norte do Perú e que practica a declamación, unha antiga arte escénica que xa temos case que esquecida por aquí. Neste fragmento gravado esa noite podémola escoitar  declamando a  poesia Soy una negra sabrosa, do poeta peruano Nicomedes Santa Cruz.

É impresionante:

 

E con este broche remata a miña participación no Festival Todas las Palabras, Todas!

Foi unha experiencia inesquencible e enriquecedora, que non sería posible sen o apoio e o traballo de tódalas persoas e institucións que fixeron posible o festival.

Moitas grazas e parabéns por tan bo traballo a  todas e a todos!

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (4/5)

Empregamos o día 16 de setembro para viaxar en avión dende Lima a Cusco. A viaxe dura un pouco máis que unha hora, e o aterrar coñecemos o soroche (mal de altura), xa que Cusco atópase a case que 3.500 metros sobre o nivel do mar. Tivemos todo o día para descansar e aclimatarnos o que foi moi axeitado xa que o día seguinte a axenda estaba completa.

Comencei pola mañá contando no Colexio Técnico Mixto Luís Vallejos Santoni:

E proseguín no Colexio La Salle, nesta ocasión para os alumnos máis pequenos. Unha das nenas ao ver a miña bonequiña de millo exclamou: Un choclo vivo!!! Así lle chaman o millo, nunca tal viu! que risas pasamos.

Pola tarde, a esperada función para adultos no Auditorio do Instituto Cultural Peruano Norteamericano del Cusco (ICPNAC), onde despois do impresionante espectáculo Selenque de Mijail Echarri, narrei Palabras en la Boca.

A mañá seguinte tivemos o inmenso pracer de almorzar cedo no mercado de San Pedro de Cusco, na compaña de Miguel “El Chato” Álvarez y El Wayqui, quen nos deron unha clase maxistral sobre os produtos que se atopaban no mercado.

Despois de coller forzas en varios postos do mercado, viaxamos en  compaña de Gonzalo Paiva a vila de Urubamba, no Val Sagrado dos Incas. Por vez primeira subín a un mototaxi, un vehículo ben curioso:

Érika agardábanos nas instalacións da Asociación Cultural El Arte Sano, onde impartín un taller de narración oral eminentemente práctico para docentes de educación inicial:

E despois de escoitar os contos de Gonzalo Paiva, o caer a noite, no patio dunha casa colonial de más de 400 anos de antigüidade , Dulcinea sentiuse coma se estivese no Toboso, e coa participación do público contou a “verdadeira” historia de Don Quixote:

O día seguinte, Mariquiña insistiu en coñecer o Machu Picchu, e eu non puiden  negarme, sabendo que de alí veñen os seus devanceiros:

Regresamos a Cusco o 21 de setembro, con tempo xusto para durmir un pouco e coller de novo un avión que nos levaría de volta a Lima, non sen antes despedirme de Luz Maribel, que tan ben nos coidou durante a nosa estancia en Cusco.

 

Índice

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)

Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)

 

X