A Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia (ANEDIA), organizou a I Gala Contos Coros Azuis, no Teatro Principal de Pontevedra, para concienciar á sociedade sobre as dificultades que se atopan os pequenos con diabetes, sobre todo aquelas non vinculadas a súa condición, senón motivadas polo descoñocemento do entorno social.
A gala solidaria contó con actuaciones de contacontos (Soledad Felloza, Coda e Miolo e eu mesma), música (A Coral Polifónica de Pontecesures, o Coro Infantil Melodías de Pontecesures, as solistas Mercedes Tilve e Cristina Martiño; e a pianista Irene Pérez Bornstein) e danza (Escuela de Danza Clásica A Saleta) presentadas pola actriz Isabel Risco. La convocatoria resultou un éxito de público con un cheo total no patio de butacas do Teatro Principal de Pontevedra
Moitas grazas polo duro traballo desinteresado de todos os que fixeron posible o éxito de esta I Gala Contos Coroz Azuis!
Entre o 14 e o 16 de juño, celebrouse en Guadalajara a XXII edición do Maratón de los Cuentos, probablemente a maior festa da narración oral que se celebra por estos lares, organizada polo Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil da Biblioteca Pública do Estado de Guadalajara.
Leveime unha una gran alegría cando organización me comunicou que fora invitada a participar neste encontro de narradores, en concreto nos Monucuentos (dícese de algúns monumentos de Guadalajara que, unha vez o ano, convirtense en lugares encuentados. O Palacio de Dávalos, onde se atopa a sé da Biblioteca de Guadalajara, foi o lugar elexido para a sesión de contos familiares:
Tamén contei una breve historia dentro do Maratón de contos que tivo lugar ininterrumpidamente, durante corenta e seis horas, no escenario do fermoso patio do Palacio del Infantado:
E ao solpor, ilumínase a fachada do Palacio del Infantado, e os contos e historias continuan durante toda a noite…
Tiven a sorte de compartir momentos e historias con moitas compañerias e compañeiros do oficio. Escoitar relatos escalofríantes na boca de Yoshihira Hioki, pescudar libros de contos na compaña de Miguel de Cuentos y Cantos, conversar sobre a nosa mitoloxía con Quico Cadaval e Xavier Docampo, escoitar por primeira vez falar en lengua clic o gran narrador angoleño Kapilolo Mahongo.
Do 6 a 9 de xuño celebrouse en Pontevedra a II edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares. Quico Cadaval foi o encargado de abrir o día 6 esta segunda edición do encontro, no Pazo de Mugartegui acompañado polo 7Bis Clarinet Quartet.
Neste mesmo espazo desenrolouse o día seguinte o meu espectáculo de contacontos para público infantil: Palabras na Boca
O sábado, a Casa das Campás acolleu o espectáculo Susurros de Algodón deBeatriz Montero. Mais tarde, Antonella Giraldi representou as Estórias de áuga na boca, e pola noite rergresou Luis Correia ca obra Contatinas.
O domingo 9,Pavís Pavós contou Historias dá Marquesa no Pazo de Mugartegui, e depois poidemos disfrutrar dun viaxe en barco pola ria de Pontevedra, mentres escoitabamos os contos de Celso Fernández Sanmartín. Betriz Monterno deleitounos con Amor cuanto te quiero O encontro rematou ca rolda de narrradores e o acompañamento de 7bis Clarinet Quartet, no Teatro Principal, cheo a rebosar.
Unha chea de historias percorreron durante 3 dias as rúas, as ruinas, as covas, o pazo, o mar,… Grazas a Pavís Pavós por invitarme a participar e parabéns pola boa organización.
A xente, que encheu todos os espazos, xa pregunta pola terceira edición!
Foi unha agradable sorpresa que me convidaran a participar na primeira edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, celebrado en Santiago de Compostela e Olerios do 26 o 16 de marzo. Gracias a Soldad Felloza, directora do festival e unha gran anfitrioa, por ser a miña madriña de contos. Contei no pub Atlántico baixo o título “Unha muller na beira“. Estiven por primeira vez nas bibliotecas de Dorneda e Perillo (Concello de Oleiros) e tamén no Centro Sociocultural das Fontiñas (Santiago) que estaba a rebentar de xente e onde os rapaces pediron un bis. Participei ademais nos maratóns do Festival xunto a grandes compañeiros de profesión: Quico Cadaval, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fátima Fernández, Avelino González, Cándido Pazo e Charo Pita, entre outros. Aquí vos deixo unhas imaxes deste gran Festival que virá vento en popa o ano que ven. (Fotografías de Mino Andrade e Amparo Portabales) Parabéns a organización, un grupo de grandes profesionais que arrimaron o ombreiro para que ese soño se fixese realide.
Maratón de contacontos para nenos no Salón Teatro. (16/03/2013)
Maratón de contacontos para bebés, no Salón Teatro. (16/03/2013)
Pub Atlántico. (12/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Fugas, suplemento de La Voz de Galicia, 01/03/2013
O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.
E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”
Noraboa a todos os premiados!
A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.
Todos os fines de semana, desde o 2 de xullo ata o 6 de agosto, desenvólvese o certame de Contacontos “Tierra del Torío”, que xa vai pola cuarta edición. O lugar non pode ser mais adecuado: o patio de comedias da “Casona” en San Feliz de Torío, preto da cidade de León.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.