9 setembro , 2015
Do 10 ao 25 de setembro andarei dando unha volta por Perú. Grazas a invitación do Festival todas las palabras, todas, estarei contado en Lima, Cusco, e Pasco entre outros lugares de Perú.


Xa de volta, chea de experiencias, deixo uns breves resumos das miñas andainas por Perú:
Índice
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (I)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (II)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas as Palabras, Todas!” (III)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas las Palabras, Todas!” (IV)
Festival Internacional de Narración Oral do Perú “Todas oas Palabras, Todas!” (V)
28 setembro , 2014

Nano e mais eu tivemos o pracer de ser convidados a participar na II Festival das Nubebés. Este festival de artes escénicas para bebés e familias se celebrou en Pontevedra dende o venres 19 ata este domingo 28 de setembro, cun moi notable éxito de público nos diversos espectáculos para os mais pequenos, así coma nas actividades para profesionais.
No fermoso espazo da Casa das Campás, na zona histórica de Pontevedra os mais pequenos desfrutaron cos Nanocontos, a historia de Nano, a ra que non sabía compartir:


4 setembro , 2014

A Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario ideal para o espectáculo de contos Nanocontos, dentro da programación do Festival de Teatro Galego (FETEGA) que se celebra anualmente nesta vila ourensana, e que este ano acadou xa a súa 25 edición.

Grazas á organización de FETEGA por programar tamén para os máis pequechos, que serán o público adulto do teatro de mañán.
A criança que fui chora na estrada.
Deixei-a ali quando vim ser quem sou;
Mas hoje, vendo que o que sou é nada,
Quero ir buscar quem fui onde ficou.
Fernando Pessoa
A infancia deixa rastros na nosa memória, como surcos nun rosto ou nun campo labrado.
William Wordsworth.

13 xullo , 2014
O 11, 12 e 13 de xullo, celebrouse en Noia a II edición do festival de monicreques Titirinoia. Nesta edición, fumos 11 as compañias invitadas a participar coas nosas propostas escénicas nas actividades que se desenrolaron nos diversos escenarios instalados no Campo da Feira de Noia. Eu acudín coa obra A Maleta da Avoa, un espectáculo de contos e manipulación de títeres e obxectos que foi moi ben recibido polo público.


16 xuño , 2014

Do 13 ao 15 de xuño, celebráronse en A Sequeda (Léon), as I Xornadas de Recuperación da Tradición Oral, Contando con La Sequeda, organizadas pola Asociación Cultural Las Encinas de Valderrey e a Concellería de Cultura de Astorga. Grazas ó convite do impulsor do festival, Crispín d´Olot puiden visitar e coñecer esta comarca leonesa, situada ao sur de Astorga entre a Maragateria, o Páramo Leonés e a Cabrera.

Xunto á narradora arxentina Marcela Sabio, e a madrileña Paqui Luna, percorrimos algúns das 9 aldeas que forman a comarca: Cuevas, Matanza, Bustos, Tejados. Tamén nos desprazamos á veciña localidade de Santiago Millas, onde tivemos o pracer de descansar nunha auténtica casa maragata, grazas á hospitalidade de Guts Muths, quen colaborando co Festival, acolleunos na impresionante hospedería.
Gozamos escoitando coplas e historias dos habitantes mais vellos das aldeas e tamén das deliciosas comidas que prepararon e compartiron con nos!




15 marzo , 2014

Nano foi a Atlántica, o festival internacional de narración oral que se celebra en Santiago de Compostela. Nun dos patios do Pazo de Bendaña (Sé da Fundación Eugenio Granell), os mais pequenos disfrutaron coas aventuras de Nano.
Parabéns a organización polo traballo realizado e o completo programa de actividades desenrolado nesta II edición do festival.

