Toin Toin no Festival de Teatro Galego “Celso Parada”
Que ledicia voltar ao Festival de Teatro Galego “Celso Parada”. O pasado mércores 4 de setembro representei Toin Toin, un espectáculo de contos para bebés na Casa da Cultura de O Carballiño, Este ano o festival cumpre 30 anos, parabéns!!! E os que quedan, compañeiras e compañeiros!!!. Grazas, Josi Lage por contar comigo un ano máis.
Viva o TEATRO e os CONTOS!!
E o venres tiven o pracer de asisitir á emotiva gala de clausura da XXX edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada.
Relacionado:
O segredo do tendal no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2015)
Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2014)