Nanocontos na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)

Nanocontos na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)

Nano non para de viaxar, e nesta ocasión tivo a sorte de facer escala na Biblioteca Central Rialeda de Oleiros. Os mais pequenos coñeceron a Nano, os seus amigos e as suas aventuras.

O xornal La Voz de Galicia, anunciou esta actividad na sua edición local:

Nanocontos en Neda

A Biblioteca Pública Municipal de Neda, programou o contacontos para bebés Nanocontos, coa colaboración do programa de fomento da lectura  Ler conta moito, da Xunta de Galicia. E alí fomos Nano mais eu, a presentar os mais xoves lectores os libros que teñen a súa disposición na súa biblioteca. Como sucedeu en outras bibliotecas, os contos foi a escusa perfecta para que os pais e nais se achegaran por vez primeira á biblioteca, e así a xornada rematou con algún novo carné de socio.

Nanocontos na Biblioteca do Forum Metropolitano de A Coruña

Este sábado 28 de setembro, Nano e eu tivemos o pracer de visitar por primeira vez a Biblioteca do Forum Metropolitano da Coruña. O  aforamento da sala completouse, e os pequechos seguiron con moita atención as andanzas de Nano.

(As fotos foron tomadas do blog das bebetecas das bibliotecas municipais de A Coruña)

Nanocontos en Celanova

Nanocontos, o espectáculo de contos para os máis pequenos (de 0 a 3 anos), continua a súa xira polas bibliotecas de toda Galicia. Nesta ocasión Nano e máis eu visitamos a Biblioteca Pública de Celanova, onde os alumnos da Escola Infantil Municipal nos agardaban desexando coñecer as aventuras de Nano.

Podedes ver mais imáxenes da actuación no blog de Ler Conta Moito.

Nanocontos en Ourense

Nano visitou a Biblioteca Nodal de Ourense. Na sala infantil desenrólanse o segundo e cuarto mércores de cada mes as activades para os mais pequenos. Este mércores 22 de maio, os nenos puideron desfrutar coas aventuras de Nano. Esta actividade contou co apoio do programa Ler Conta Moito.

X